Campanas de Bastabales, | | | | cando vos oio tocar, | | | | mórrome de soidades.
| | |
|
- I - |
| Cando vos oio tocar, | | | | campaniñas, campaniñas, | | | | sin querer torno a chorar. | | |
|
| Cando de lonxe vos oio, | | | | penso que por min chamades, | | | | e das entrañas me doio. | | |
|
| Dóiome de dor ferida, | | | | que antes tiña vida enteira, | | | | i hoxe teño media vida. | | |
|
| Solo media me deixaron | | | | os que de aló me trouxeron, | | | | os que de aló me roubaron. | | |
|
| Non me roubaran, traidores, | | | | ¡ai!, uns amores toliños, | | | | ¡ai!, uns toliños amores. | | |
|
| Que os amores xa fuxiron, | | | | as soidades viñeron... | | | | de pena me consumiron. | | |
|
|
- II - |
| Aló pola mañanciña | | | | subo enriba dos outeiros, | | | | lixeiriña, lixeiriña. | | |
|
| Como unha craba lixeira, | | | | para oír das campaniñas | | | | a batalada pirmeira. | | |
|
| A pirmeira da alborada | | | | que me traen os airiños | | | | por me ver máis consolada. | | |
|
| Por me ver menos chorosa, | | | | nas súas alas ma traen | | | | rebuldeira e queixumbrosa. | | |
|
| Queixumbrosa e retembrando | | | | por antre a verde espesura, | | | | por antre o verde arborado. | | |
|
| E pola verde pradeira, | | | | por riba da veiga llana, | | | | rebuldeira e rebuldeira. | | |
|
|
- III - |
| Paseniño, paseniño, | | | | vou pola tarde calada, | | | | de Bastabales camiño. | | |
|
| Camiño do meu contento; | | | | i en tanto o sol non se esconde, | | | | nunha pedriña me sento. | | |
|
| E sentada estou mirando | | | | como a lúa vai saíndo, | | | | como o sol se vai deitando. | | |
|
| Cal se deita, cal se esconde, | | | | mentras tanto corre a lúa | | | | sin saberse para donde. | | |
|
| Para donde vai tan soia, | | | | sin que aos tristes que a miramos | | | | nin nos fale, nin nos oia. | | |
|
| Que si oíra e nos falara, | | | | moitas cousas lle dixera, | | | | moitas cousas lle contara. | | |
|
|
- IV - |
| Cada estrela, o seu diamante; | | | | cada nube, branca pruma; | | | | triste a lúa marcha diante. | | |
|
| Diante marcha crarexando | | | | veigas, prados, montes, ríos, | | | | donde o día vai faltando. | | |
|
| Falta o día, e noite escura | | | | baixa, baixa pouco a pouco, | | | | por montañas de verdura. | | |
|
| De verdura e de follaxe, | | | | salpicada de fontiñas | | | | baixo a sombra do ramaxe. | | |
|
| Do ramaxe donde cantan | | | | paxariños piadores | | | | que ca aurora se levantan. | | |
|
| Que ca noite se adormecen | | | | para que canten os grilos | | | | que cas sombras aparecen. | | |
|
|
- V - |
| Corre o vento, o río pasa; | | | | corren nubes, nubes corren | | | | camiño da miña casa. | | |
|
| Miña casa, meu abrigo: | | | | vanse todos, eu me quedo | | | | sin compaña, nin amigo. | | |
|
| Eu me quedo contemprando | | | | as laradas das casiñas | | | | por quen vivo suspirando. | | |
|
|
| Ven a noite..., morre o día, | | | | as campanas tocan lonxe | | | | o tocar da Ave María. | | |
|
| Elas tocan pra que rece; | | | | eu non rezo, que os saloucos, | | | | afogándome parece | | | | que por min tén que rezar. | | | | Campanas de Bastabales, | | | | cando vos oio tocar, | | | | mórrome de soidades. |
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario