| Como chove miudiño, | |||
| como miudiño chove; | |||
| como chove miudiño | |||
| pola banda de Laíño, | |||
| pola banda de Lestrove. |
| ¡Como a triste branca nube | |||
| truba o sol que inquieto aluma, | |||
| cal o crube i o descrube, | |||
| pasa, torna, volve e sube, | |||
| enrisada branca pruma! |
| Xa, dempois, lonxe espallada | |||
| polos aires fuxitivos, | |||
| desteñida, sombrisada, | |||
| nos espazos desatada, | |||
| cae brillando en raios vivos. |
| Misteriosa regadeira | |||
| fino orballo no chan pousa | |||
| con feitiña curvadeira, | |||
| remollando na ribeira | |||
| frol por frol, chousa por chousa. |
| Semellando leve gasa | |||
| que sotil o vento move, | |||
| en frotantes ondas pasa | |||
| refrescando canto abrasa, | |||
| o que o sol ardente crobe. |
| ¡Como chove miudiño | |||
| polas veigas de Campaña! | |||
| ¡Cal se enxugan de camiño | |||
| os herbales de Laíño! | |||
| ¡Como a Ponte en sol se baña! |
| Para Caldas todo é escuro, | |||
| ceo azul lose na Adina, | |||
| trasparente, limpo e puro; | |||
| da Arretén no monte duro | |||
| nube corre pelegrina. |
| Triste vai, que á terra toca | |||
| xa cos pés de branca neve, | |||
| xa ca fina fresca boca; | |||
| triste vai, que ós ceos invoca | |||
| i a bicar o chan se atreve. |
| Triste vai cando se abate | |||
| vaporosa, soia e muda, | |||
| cando maina as alas bate | |||
| como un corazón que late | |||
| ferido por pena ruda. |
| Tal maxino a sombra triste | |||
| de mi maa, soia vagando | |||
| nas esferas onde existe; | |||
| que ir á groria se resiste, | |||
| polos que quixo agardando. |
| Vexo o Souto en parda sombra | |||
| envolvendo o seu ramaxe, | |||
| que por bon, do Rei se nombra, | |||
| donde fero o vento asombra, | |||
| roxe e estala de coraxe. |
| I o Palacio, serio e grave, | |||
| ¡canto en pura luz se baña! | |||
| Tal parés pesada nave | |||
| que volver ó mar non sabe, | |||
| se encallou na fresca braña. |
| Vexo Valga á beira hermosa | |||
| dun camiño todo prata, | |||
| casta virxe candorosa, | |||
| sentadiña en chan de rosa, | |||
| vestidiña de escalrata. |
| A San Lois vexo brillando | |||
| bañado por tintas puras, | |||
| sol e sombras amostrando, | |||
| en reposo contemprando | |||
| montes, auguas e verduras. |
| I a Padrón, ponliña verde, | |||
| fada branca ó pé dun río, | |||
| froita en frol da que eu quixerde, | |||
| lonxe miro que se perde | |||
| baixo un manto de resío. |
| ¡Que inchadiña branca vela | |||
| antre os millos corre soa, | |||
| misteriosa pura estrela! | |||
| Dille o vento en torno dela: | |||
| «Palomiña, ¡voa!, ¡voa!». |
| Faille arrolo a branda ría | |||
| cun remanso mormuxante, | |||
| que nás da arboleda umbría | |||
| baixo un toldo de alegría, | |||
| ó calor dun sol amante. |
| ¡Sol de Italia, sol de amore...! | |||
| ¿Ti paisax mellor alumas? | |||
| ¿Ti máis rosas, máis verdore, | |||
| mellor ceu, máis soave core | |||
| ves do golfo antre as espumas? |
| ¡Sol de Italia, eu non sospiro | |||
| por sentirte ardente raio! | |||
| Que outro sol temprado miro; | |||
| docemente aquí respiro | |||
| nun perene, eterno maio. |
| Nesta terra tal encanto | |||
| se respira... Triste ou probe, | |||
| rico ou farto de querbanto, | |||
| ¡se encariña nela tanto | |||
| quen baixo o seu ceu se crobe!... |
| Os que son nela nacidos, | |||
| os que son dela mimados, | |||
| lonxe dela están doridos | |||
| porque van de amor feridos | |||
| por quen fono amamantados. |
| Polos fillos a nai tira, | |||
| xorda, triste, plañideira, | |||
| xeme, chora, e mais sospira, | |||
| e non para, hastra que os mira | |||
| ben chegar por derradeira. |
| ¡Probe nai, canto te quero! | |||
| ¡Nai tamén, ¡ai!, da nai miña! | |||
| O teu chan de amor prefiero, | |||
| a canto hai grande ou severo | |||
| en toda a terra xuntiña. |
| ¿Como non si ora estou vendo, | |||
| nun paisax de prata e rosas, | |||
| canto a vida foi querendo, | |||
| cos meus ollos remexendo | |||
| memoriñas cariñosas? |
| ¡Bosques, casa, sepulturas, | |||
| campanarios e campanas | |||
| con sons vagos de dozuras | |||
| que despertan, ¡ai!, ternuras | |||
| que en jamáis podrán ser vanas! |
| Elas fono as que tocaron | |||
| cando os meus alí naceron; | |||
| elas fono as que choraron, | |||
| elas fono as que dobraron | |||
| cando os meus avós morreron. |
| Elas fono as que alegriñas | |||
| me chamaban mainamente | |||
| nas douradas mañanciñas, | |||
| de mi maa cas cantiguiñas | |||
| i os biquiños xuntamente. |
| Inda vexo onde xogaba | |||
| cas meniñas que eu quería, | |||
| o enxidiño onde folgaba, | |||
| os rosales que coidaba | |||
| i a fontiña onde bebía. |
| Vexo a rúa solitaria | |||
| que en paz baña un sol sereno, | |||
| sin que a trube man contraria, | |||
| igual sempre, nunca varia, | |||
| veiga llana en campo ameno. |
| E tamén vexo enloitada | |||
| da Arretén a casa nobre, | |||
| donde a miña nai foi nada, | |||
| cal viudiña abandonada | |||
| que cai triste ó pé dun robre. |
| Alí está, sombra perdida, | |||
| vos sin son, corpo sin alma, | |||
| amazona mal ferida | |||
| que ó sentir que perde a vida | |||
| se adormece en xorda calma. |
| Casa grande lle chamaban | |||
| noutro tempo venturoso, | |||
| cando os probes a improraban, | |||
| e fartiños se quentaban | |||
| ó seu lume cariñoso. |
| Casa grande, cando un santo | |||
| venerable cabaleiro2 | |||
| con tranquilo, nobre encanto, | |||
| baixo os priegues do seu manto | |||
| cobexaba ó perdioseiro. |
| Cando os cantos na capilla | |||
| da Gran casa resoaban | |||
| con fervor e fe sensilla, | |||
| rico fruto da semilla | |||
| que os varóns santos sembraban. |
| Ora todo silensioso | |||
| causa alí medo e pavura, | |||
| mora esprito temeroso | |||
| nos salóns onde o reposo | |||
| fixo un niño ca tristura. |
| Risas, cantos, armonía, | |||
| brandas músicas, contento, | |||
| festas, dansas, alegría, | |||
| se trocou na triste e fría, | |||
| xorda vos do forte vento. |
| No gran patio as herbas crecen | |||
| vigorosas sin coidado, | |||
| i as silveiras que frorecen | |||
| no seu tempo fruto ofrecen | |||
| ós meniños sazonado. |
| I ante aquel silencio mudo | |||
| que a trubar naide alí chega, | |||
| antre aquel ¡xa fun! tan rudo, | |||
| vese inteiro un nobre escudo | |||
| que a desir non son se nega. |
| Craros timbres mostra ufano | |||
| cun soberbo casco airoso... | |||
| mais detrás dun son tan vano | |||
| vese o probe orgullo humano, | |||
| homillado e polvoroso. |
| Tras da calada visera, | |||
| que hai uns ollos feridores | |||
| que nos miran, se dixera; | |||
| que nons din: todo é quimera | |||
| neste mundo de dolores. |
| ¡Casa grande!, ¡triste casa!, | |||
| quen de aquí tan soia miro | |||
| parda, escura, triste masa, | |||
| ¡casa grande!, pasa, pasa... | |||
| Ti xa n'es más que un sospiro. |
| Meus avós, ¡ai!, xa morreron, | |||
| os demais te abandonaron, | |||
| os teus lustros pereceron, | |||
| i os que millor te quixeron, | |||
| tamén de ti se apartaron. |
| Mes tras mes, pedra tras pedra, | |||
| ti te irás desmoronando | |||
| ceñida por sintas de hedra, | |||
| mentras que outra forte medra, | |||
| que así o mundo vai rolando. |
| ¡Mais que lus, que colorido | |||
| nos espazos se dilata! | |||
| Luce o sol descolorido | |||
| i arco de iris xa nacido | |||
| longa sinta se desata. |
| Como chove miudiño, | |||
| como miudiño chove; | |||
| como chove miudiño | |||
| pola banda de Laíño, | |||
| pola banda de Lestrove. |


No hay comentarios:
Publicar un comentario