- I - |
| «Has de cantar, | | | | meniña gaiteira, | | | | has de cantar, | | | | que me morro de pena.
| | |
|
| Canta, meniña, | | | | na veira da fonte; | | | | canta, dareiche | | | | boliños do pote.
| | |
|
| Canta, meniña, | | | | con brando compás, | | | | dareiche unha proia | | | | da pedra do lar.
| | |
|
| Papiñas con leite | | | | tamén che darei; | | | | sopiñas con viño, | | | | torrexas con mel.
| | |
|
| Patacas asadas | | | | con sal e vinagre, | | | | que saben a noces, | | | | ¡que ricas que saben!
| | |
|
| ¡Que feira, rapaza, | | | | si cantas faremos...! | | | | Festiña por fóra, | | | | festiña por dentro.
| | |
|
| Canta si queres, | | | | rapaza do demo; | | | | canta si queres, | | | | dareiche un mantelo.
| | |
|
| Canta si queres, | | | | na lengua que eu falo; | | | | dareiche un mantelo, | | | | dareiche un refaixo.
| | |
|
| Co son da gaitiña, | | | | co son da pandeira, | | | | che pido que cantes, | | | | rapaza morena.
| | |
|
| Co son da gaitiña, | | | | co son do tambor, | | | | che pido que cantes, | | | | meniña, por Dios». | | |
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario