2 - | ||||
| Nasín cando as prantas nasen, | ||||
| no mes das froles nasín, | ||||
| nunha alborada mainiña, | ||||
| nunha alborada de abril. | ||||
| Por eso me chaman Rosa, | ||||
| mais a do triste sorrir, | ||||
| con espiñas para todos, | ||||
| sin ningunha para ti. | ||||
| Desque te quixen, ingrato, | ||||
| todo acabou para min, | ||||
| que eras ti para min todo, | ||||
| miña groria e meu vivir. | ||||
| ¿De que, pois, te queixas, Mauro? | ||||
| ¿De que, pois, te queixas, di, | ||||
| cando sabes que morrera | ||||
| por te contemplar felís? | ||||
| Duro cravo me encravaches | ||||
| con ese teu maldesir, | ||||
| con ese teu pedir tolo | ||||
| que non sei que quer de min, | ||||
| pois dinche canto dar puden | ||||
| avariciosa de ti. | ||||
| O meu corasón che mando | ||||
| cunha chave para o abrir, | ||||
| nin eu teño máis que darche, | ||||
| nin ti máis que me pedir | ||||
Gotas de poesia en la inmensidad del océano. Poemas propios y ajenos para disfrutar ,para compartir. En la alegría,en la tristeza, en la luz o en la oscura sombra,al principio o al final... compartir un poema es un regalo maravilloso.
Nasín cando as prantas nasen. (Cantares Gallegos ) Rosalía de Castro. 1837 - 1885
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario