Meus ollos quedos
No solpor, no silencio
Calmos mergúllanse
Devagar, paseniño
En las aguas atlánticas
Vidros de cores
Cinzas de mil naufraxios
De Cristal cunchas
Do mar galanos
Tesouros esquecidos
No areal fican
Tesouros máxicos
Que nas doradas praias
Os nenos buscan
Namentras unha
e outra vez leves ondas
bican meus pés
Ondas do mar
que ti tan ben coñeces
Que ti tanto amas
No hay comentarios:
Publicar un comentario