imprimir página

lunes, 21 de febrero de 2022

Parou de chover

 




Parou  de chover, miña rula.

Parou de chover Ay! Meu amor


Nun ceo  limpo azul

Reluce retranqueiro

Un sol tépedo morno

Traveso rebuldeiro

Que irónico sorrí .


Moito non vai durar

Este tempo solloso

Aproveitalo amigos 

Parece nos  dicir 


A friaxe enredase

Nas espidas  ponlas

Dos vellos  carballos.


Xaneiro agardanos

Oculto na revolta

Do camiño que  leva

Onde morre o inverno.


Xa as primeiras mimosas

Comezan florear

Tinguindo de amarelo

O carreiro que vai

A nosa casa amor

No hay comentarios: