A choiva tenra
queda
Esvara leve
maina
Polas brancas
solainas
Que no gris
mar axexan
Na infrutuosa
procura
Das perdidas
ausencias.
O solpor asolaga
En sombras a
cidade
Namentras unha
morna
Lene, doce tristura
Invade vagarosa
As encantadas
máxicas
Case desertas
rúas
Onde perdidos
vagan
Nosos adolescentes
Enamorados bicos
No hay comentarios:
Publicar un comentario