imprimir página

martes, 2 de febrero de 2021

Celsius Fahrenheit II ( Chöka )

 



Fahrenheit Celsius 

Exactas as medidas

O redondeo. …

O sexto decimal


O ceo limpo 

No claro mediodía 

O sol reluce 

Precisa exactitude


Néboa mesta 

No mar  dos meus sentidos 

Perdido o Norde 

Sen compás,sen sextante 


A luz do faro 

Latexo intermitente 

Varrendo as sombras 

Na noite sem estrelas 


E no silencio 

Das sireas dos barcos, 

Cegos, sem rumbo ,

O lonxano ecoar 


Na inqueda busca 

Na procura dun porto 

Dunha certeza  

Dun abeiro seguro 


Tépedo,morno, 

Ardente..quente..queima.

Forte arrecendo

Do café recén feito.


Na longa mesa

Tostas de pan de Cea 

D’ouro manteiga 

Marmelada de arandos.


Fumea a cunca 

A grande maioría,

Dubidaría

Denantes  de beber 


Máis tí segura 

Dura firme atrevida

Resolta , forte..

Acercas os teus beizos 


E sen temor  

Bebes coma se fora 

De puro asbesto 

A túa fina gorxa. 


Marabillado…

As dúbidas  me asaltan

Bebo ousado.. e queimome

No hay comentarios: