imprimir página

martes, 1 de septiembre de 2020

PAISAXES E CANTARELAS XVII .- MANOEL

 


Ten miña filla un mozo

Un mozo miña filla ten


Manoel, Manoel Manoeliño

Gárdame ben a rapaza

A rapaza garda ben


Cunha rosa galaneira 

Cunha rosa galaneira

Non che é doado atopar


Manoel, Manoel, Manoeliño 

Trátame ben a rapaza

A rapaza coida ben


Que moitos " cabaleiriños "

Que moitos " cabaleiriños "

Vanche querela roubar 


Manoel, Manoel, Manoeliño 

Mírame ben a rapaza

A rapaza mira ben


Que inda che é nova dabondo

Que inda che é nova dabondo

E ten moito que medrar


Ten miña filla un mozo

Un mozo miña filla ten


No hay comentarios: