imprimir página

sábado, 24 de abril de 2021

CANDO CLAREXA (métrica japonesa chöka)





Cando clarexa

O albor do novo día


Dime luceiro

Que no ceo reluces


Onde meu amor

Onde arestora fica


Onde seus ollos

Mouros fermosos miran


Onde seus beizos

Vermello coral bican


Onde seus risos

Agarimosos ledos


Onde seu corpo

Lene lanzal reposa


Coitado peno

Nas sombras malpocado


En terra estraña

Nas procuras inquedas


Dese meu amor

Sen acougo camino


Mares ignotos

Misteriosos navego


Na vana busca

Do meu amor ausente


Cando poderei

Mísero namorado


Bicar de novo

O meu amor chorado


Onde meu amor

Onde brilla onde luce

Da mañan estrela onde?

No hay comentarios: