Parou de chover, miña rula.
Parou de chover
Ay! Meu amor
Nun ceo limpo azul
Reluce retranqueiro
Un sol tépedo
morno
traveso rebuldeiro
Que irónico sorrí .
-Moito non vai
durar
Este tempo solloso
Aproveitalo amigos
Parece estar
dicindo-.
A friaxe enredase
Nas espidas ponlas
Dos vellos carballos.
Xaneiro agardanos
Oculto na revolta
do camiño que leva
Onde morre o
inverno.
¿Cando,miña rula,
Ay! Cando meu amor
podamos os rosais?
Xa as primeiras mimosas
Comezan florear
Tinguindo de
amarelo
O carreiro que a nosa casa
Leva ,miña rula
,meu amor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario