Hoxe teño o corpo canso.
Abrángueme unha fonda tristura
Non teño nin ánimos,nin folgos
Para asomarme a fiestra
Para ver coma rebuldeiros os nenos xogan na
praza
Para ouvir os xílgaros risos das mociñas
casadeiras
Para mirar seus namorados bicos luminosas máxicas
Bolboretas axitándose no limpo ar do mediodía
Hoxe abrángueme
unha fonda tristura
Hei de chorar tódalas miñas bágoas
Hei de chorar ata que a derradeira
Das bágoas
sexa no chan derramada
ata que todas elas as que foron
as que
son e tamén as que han de ser
Perdanse nos sumidoiros do
tempo
nos sumidoiros do infindo silencio
nos sumidoiros do infindo vacío
No hay comentarios:
Publicar un comentario