imprimir página

sábado, 1 de agosto de 2020

MUIÑEIRAS E FOLIAS. III .- CANDO TEUS OLLOS



Cando teus ollos me miran
Repenique de pandeiros
Bolboretas no meu peito
Cando teus ollos me miran

Cando teus ollos me bican
Dos teus beizos agarimos
Caraveis dos teus sorrisos
Cando teus ollos me bican

Cando teus ollos me cantan
Na ledicia do teu corpo
Enguedéllanse meus soños
Cando teus ollos me cantan

Cando teus ollos me levan
Primavera nos recendos
Vai no vento meu contento
Cando teus ollos me levan.

No hay comentarios: