imprimir página

lunes, 10 de agosto de 2020

CANTIGAS V .- A LÚA

 

Soñando teus ollos ledos

Mirei na fraga escondida

Da noite meigos segredos

A lúa danzar espida


Camiño dos teus menceres

Na fronte bótoume un bico

Prendado nos teus quereres

Dende entón aluado fico.


No hay comentarios: