imprimir página

miércoles, 26 de agosto de 2020

PAISAXES E CANTARELAS. XI.- ARROLAS

 


Non chores, non chores 

Ruliña da casa 

Ruliña ruliña 

Que tes que durmir

Que tes que soñar 


Que veñen os anxos 

Os anxos do ceo

Do ceo a mirar 

Teus soños estrelas 

Na noite brillar 


Arrolas da lúa 

Da lúa de prata 

De prata e cristal

Arrolas meniña 

Che van a cantar


Arrolas das brisas

Das brisas mareiras

Mareiras do mar

Arrolas meniña 

Che van a bicar


Mais durme ruliña 

Mais durme meniña

Que tes que soñar

Mais durme estreliña 

Mais durmete xa


Que canso teu pai 

Dabondo xa está

E cedo mañán

De novo o traballo 

Che ten que voltar


Non chores, non chores

Ruliña da casa

Ruliña ruliña

Que tes que durmir 

Que tes que soñar. 





No hay comentarios: