imprimir página

sábado, 18 de julio de 2020

BATE REXO O MAR




Bate rexo forte teimudo 
O lonxevo mar no rochedo
In crescendo a súa carraxe
 recrúa os seus feros embates 

Abanos de brancas escumas 
Grilandas de puntilla fina 
Nas ás do vento bolboretas
Efémeras ...se desvanecen 9

Brama ruxindo airado cego
De furor e de rabia cheo 
Unha e outra vez bravo sañudo 
Infatigábel arremete 

E no seu cénit a curva onda 
En suspenso aquédase...trema 
No fráxil equilibrio...duda 
Mais vencida...cede...quebrase 














No hay comentarios: