imprimir página

martes, 21 de julio de 2020

ALBISCAREI







¿ Albiscarei aló,na penumbra, no lonxe
onde o camiño no horizonte perdese
deses teus ollos o sorriso transparente ?

¿ Sentirei , no calado silencio da noite
cando raíña e señora a lúa asome,
teus pasos quedos, aveciñandose leves ?

¿ Sentaraste o meu carón, miña amiga,
para contarme a derradeira historia,
Para darme o doce bico da despedida ?

No hay comentarios: