De vagar camiño de ningures
Vou deixando as miñas pegadas
Na húmida area da baixamar
Nesta tépeda mañan d'outono
O balbordo resoante das ondas
Monocorde metrónomo
No deserto areal acompáñame
O mar,hoxe quedo e calmo
Mirase nun ceo gris cincento
E aló,no lonxe, vese vir a choiva
Chegará a tardiña
O pasada a medianoite
Cando as miñas pegadas
Xa pola preamar esvaécidas
Sexan tan só
Memorias
Lembranzas
Recordos
No hay comentarios:
Publicar un comentario