Pendurada dun fino fío
Sutil, tenue, fino,invisíbel
No pico de aquela brillante
Lustrosa delicada folla
Do camelio das brancas flores
Que o carón daquel limoeiro
A súa galanura luce
Vacilante brilla dubida
En inestábel equilibrio
Unha leve pequena pinga
Agasallo desta rosada
Que engalana o xardín enteiro
Nesta soave mañanciña
Deste verán novo primicia
O será un bágoa perdida
Dalgunha fada namorada
Que nas noites de plenilunio
Doces máxicas garimosas
Recollen herbas follas flores
Para as misteriosas mesturas
Bebedizos e de amor filtros
Encantamentos e feitizos
Que na sagrada festa celta
Seguindo máxicos arcanos
Ritos , do Samain cerimonias
Que no obradoiro de Titania
Raíña das fadas, preparan
No hay comentarios:
Publicar un comentario