Deitados na veiga do río
Arrolados polo marmurio
Das súas augas cristalinas
O altivo sol do mediodía
Filtrado polos ameneiros
Aquécenos cálido maino
Lixeiras no límpido azul
Solitarias nubes navegan
Lentas soaves vagorosas
Adiviña adiviñanza
Aquela unha bolboreta
Un cabaliño de mar
Aquela de alí semella
E aquela miña princesa
Aquela.... un ornitorrinco
No hay comentarios:
Publicar un comentario