Nada tes que temer vella amiga
garimosa compañeira
O meu carón toda miña vida
Cando cumprase o tempo marcado
E a derradeira palabra
Exacta e precisa sexa dita
Entón calmo renderei meu corpo
E no abeiro do teu peito
Acurrúnchareime coma un neno
Pecharei os meus fatigados ollos
Bicarei os teus mornos beizos
E devagar,amodo.....sen presas
Mergúllareime....
Na transparente infinitude
Do mar das ausencias
Do mar dos olvidos
Do mar dos silencios
No hay comentarios:
Publicar un comentario